Unha cámara estenopeica é aquela que non ten sistemas ópticos baseados na refracción da luz, sendo substituido por un orificio, chamado estenopo, encargado de formar a imaxe, é dicir, que a luz entra directamente á cámara e non ten un obxectivo.
Ademáis, hai unha cámara de nome ''Yama'' a cal está feita na calaveira dun monxe tibetano adornada con pedras preciosas, plata, ouro e mercurio. É un produto real e está á venda por $5000.
Este tipo de cámara como tal aparece no renacemento, atribuíndose o seu descubrimento a Leonardo da Vinci, aínda que anteriores filósofos xa lle daban un uso parecido aos raios luminosos.
Este tipo de cámaras teñen unha estrutura moi simple, constan de unha caixa totalmente opaca pola cal non poda pasar nada de luz a cal conta dun pequeno buraco polo que poda entrar un pequeno raio de luz que reflicte a imaxe invertida na cara oposta na cal hai unha película dun material que se escurece cando sobre el incide a luz.
Actualmente, o uso deste tipo de cámaras non está moi extendido aínda que hai artistas que as siguen utilizando, coma por exemplo Harlan Wallach, que realiza fotografías con este método a branco e negro as cales son moi tenebrosas e nas cales hai moito contraste entre os brancos e negros. Curiosamente, existe o Día Mundial da Cámara Estenopeica que se celebra o último domingo de abril de cada ano.
