Candida Höfer
Candida Höfer é unha artista xermana procedente de Colonia e que hoxe en día é unha das máis importantes fotógrafas da escola de Düsseldorf.

Actualmente ten unha exposición itinerante da súa obra no museo MARCO. Esta obra está formada por fotografías de grandes espazos pechados dos que intenta reflictir a exuberancia e a grandeza. Xoga coa luz que pode penetrar (ou non) nestes espazos e representa a construción e arquitectura do salón, biblioteca, etc. a partir dun só elemento polo que hai un ritmo que se repite. Con estes dous elementos consegue captar os grandes espazos. Por exemplo, nesta primeira fotografía repítense os asentos do teatro, despois os pisos, que se dividen tamén horizontalmente; máis arriba hai outra división coas columnas, a serie de focos, etc.


Sello
Con este selo gañei o concurso na clase polo que será editado e será o ''oficial'' do instituto, isto co gallo da exposición de sellos que se está levando a cabo no centro.
Pictogramas
Un pictograma é un deseño figurativo ou simbólico que reproduce o contido dunha mensaxe sen utilizar formas linguísticas, é dicir, que o noso cerebro interpreta sen necesidade de saber ler e pode ser entendido o seu significado por calqueira persoa, independentemente da súa cultura.


No deseño debe evitarse o uso de cores, os detalles superfluos e as connotacións, trasmitindo unha mensaxe clara, concisa e obxectiva. Ademais, deben de poder interpretarse con tan só dúas olladas. Hai dous tipos de pictogramas: os xestuais, que representan xestos humanos e os lineares feitos a base de formas xeométricas.



Dende hai moitos séculos o ser humano exprésase mediante estes símbolos, pero ultimamente a súa importancia vai en aumento debido aos iconos que compren unha función moi parecida, pero son cibernéticos.


Uns pictogramas moi coñecidos mundialmente son os das Olimpiadas, onde se lle asigna a cada deporte un deseño concreto.




Este é o pictograma deseñado por nós.
Jorge Barbi
Jorge Barbi é un artista galego, natural da Guarda, que toma como única inspiración un paseo que fai diariamente de 20 km. Precisamente a súa última exposición leva o título 41º 52’ 59” latitud N / 8º 51’ 12” longitud O que son as coordenadas de dito ''taller'', no cal o autor observa algas, plantas, excrementos e demáis. Nesta obra, a cal visitamos, hay fotografías, do escume ou rochas mariñas, as que duplica para crear imaxes simétricas. Ademais disto tamén hai unha recompilación de excrementos de aves mariñas que, sen seren retocadas, forman corpos de humán; o diuculum, no que se crea o efecto de estar nunha bola con palabras do latín referidas ao tempo, etc.



O tempo é moi importante na obra do artista galego. Para el, este sempre está en contínuo cambio, nada é para sempre e en tan só segundos poden cambiar as condicións dun espazo. De aí a importancia de incluír palabras referidas ao tempo por exemplo no diuculum ou nunha obra que é toda unha sala con números (que representan anos) que se identifican cun animal, o cal representa a relación da esperanza de vida con distintas especies animais. Este contínuo cambio tamén reflíctese nun conxunto de fotos, tomadas dende a mesma posición pero en distintos anos, e que plasman o cambio do espazo creativo do autor.


Para nós foi moi interesante a visita xa que non era unha obra moi difícil de entender e o autor trasmitía cousas moi interesantes e variadas, xa que o longo paseo ten moitos elementos que Jorge Barbi pode utilizar para trasmitir a súa mensaxe. Para nós as obras máis interesantes foron as fotografías simétricas do escume e as rochas mariñas xa que moitas destas resultáronnos moi impactantes.











Imaxe de rochas mariñas duplicada